Aquí comeza a nosa investigación sobre o Pazo de Oca.O profesorado e alumando do CEIP de Oca, decidimos este curso escolar 2010 - 2011 comezar un proxecto de investigación sobre o pazo de Oca

jueves, 9 de junio de 2011

EXPOSICIÓN DE FOTOS SOBRE O PAZO

Estamos preparando unha exposición de fotos sobre o pazo de Oca

CONVIVENCIA NO PAZO

O día 2 de xuño organizouse unha convivencia no pazo de Oca cos nenos/as do 3º ciclo do CEIP de Codeseda e os nenos/as do 3º ciclo do noso colexio.
O noso alumnado ensinoulle parte do pazo explicándolles todo o que investigáramos sobre el.







Eles agasalláronos con este crebacabezas e nos con estas chapas para lembrar este día de convivencia.
CONVIVENCIA CODESEDA - OCA
 XUÑO 2011
XUNTOS EN GALEGO

miércoles, 8 de junio de 2011

2º CADERNO DE CAMPO DE 3º CICLO

2ª CADERNO DE CAMPO 3ª CICLO

RESUMO 2ª SAÍDA DE INFANTIL E PRIMEIRO CICLO

resumo 2ª saída

lunes, 6 de junio de 2011

RESUMO 2º CICLO (2ª SAÍDA)

RESUMO 2º CADERNO DE CAMPO
A 2ª visita aos xardíns do pazo fixémola o día 15 de abril e xa pasaran catro meses dende a primeira vez. O aspecto do Pazo non era o mesmo que tiña na outra saída.  Para empezar o día estaba estupendo, ía moito sol e as cores das follas das árbores e das plantas eran moito máis brillantes e alegres.
Todas as plantas tiñan flores de moitas cores: vermello, branco, rosa, morado, xaspeado e mesmo amarelo. As plantas que máis chamaron a atención foron as azaleas e os rododendros, que estaban a rebentar de flores e todos os macizos mesturados, aquilo parecía o arco da vella.
As camelias tiñan tamén moitas flores de moitísimas cores e formas diferentes e fixemos un milleiro de fotografías e todas saíron moi ben, case non sabiamos cal era a máis bonita de todas.
Nesta ocasión non había caquis, pero había limóns e laranxas amargas e chamaban moito a atención entre as follas das árbores.
Aínda que o encargado do xardín non nos acompañou nesta ocasión fomos capaces de chegar a todos os recantos que nos interesaba, así que andamos todo o paseo dos tileiros dun extremo ao outro e chegamos a sentarnos nos bancos de pedra das damas.
Aparte dalgunhas flores illadas que había fronte a un muro de pedra ás que lle fixemos moitas fotografías o que máis se fotografou foron os escudos de nobreza feitos, como non! con buxo. Eran os das ordes militares de Santiago, de Calatrava e de Malta. Nun lugar retirado estaba tamén o escudo da familia Gayoso, pero non era de buxo senón que estaba feito cun arbusto que se chama Lonicera nitida.
E así rematan as saídas que fixemos para gozar desa marabilla que é o conxunto de xardíns do Pazo de Oca, que por algo lle chaman o “Versalles galego” e é coñecido tanto dentro como fóra de España.

viernes, 13 de mayo de 2011

CONCURSO LITERARIO SOBRE O PAZO DE OCA




Co mes de MAIO chega a celebración das LETRAS GALEGAS, no colexio organizamos un CONCURSO LITERARIO SOBRE O TEMA O PAZO DE OCA. Reunímonos todos no primeiro andar e alí se explicaron as normas para participar no concurso. A partri de aquí, todo dependía da imaxinación dos nenos para crear narracións, contos, poemas ....










sábado, 16 de abril de 2011

O VENRES 16 VISITAMOS O PAZO POR SEGUNDA VEZ

Cos cadernos de campo xa editados, dispoñémonos a facer a segunda visita ao pazo coa finalidade de observar o pazo na primavera e aprezar as diferenzas que se producen respecto a outras estacións do ano. En breve poñeremos as fotos que os propios alumnos/as sacaron coas súas cámaras.