Aquí comeza a nosa investigación sobre o Pazo de Oca.O profesorado e alumando do CEIP de Oca, decidimos este curso escolar 2010 - 2011 comezar un proxecto de investigación sobre o pazo de Oca

jueves, 9 de junio de 2011

EXPOSICIÓN DE FOTOS SOBRE O PAZO

Estamos preparando unha exposición de fotos sobre o pazo de Oca

CONVIVENCIA NO PAZO

O día 2 de xuño organizouse unha convivencia no pazo de Oca cos nenos/as do 3º ciclo do CEIP de Codeseda e os nenos/as do 3º ciclo do noso colexio.
O noso alumnado ensinoulle parte do pazo explicándolles todo o que investigáramos sobre el.







Eles agasalláronos con este crebacabezas e nos con estas chapas para lembrar este día de convivencia.
CONVIVENCIA CODESEDA - OCA
 XUÑO 2011
XUNTOS EN GALEGO

miércoles, 8 de junio de 2011

2º CADERNO DE CAMPO DE 3º CICLO

2ª CADERNO DE CAMPO 3ª CICLO

RESUMO 2ª SAÍDA DE INFANTIL E PRIMEIRO CICLO

resumo 2ª saída

lunes, 6 de junio de 2011

RESUMO 2º CICLO (2ª SAÍDA)

RESUMO 2º CADERNO DE CAMPO
A 2ª visita aos xardíns do pazo fixémola o día 15 de abril e xa pasaran catro meses dende a primeira vez. O aspecto do Pazo non era o mesmo que tiña na outra saída.  Para empezar o día estaba estupendo, ía moito sol e as cores das follas das árbores e das plantas eran moito máis brillantes e alegres.
Todas as plantas tiñan flores de moitas cores: vermello, branco, rosa, morado, xaspeado e mesmo amarelo. As plantas que máis chamaron a atención foron as azaleas e os rododendros, que estaban a rebentar de flores e todos os macizos mesturados, aquilo parecía o arco da vella.
As camelias tiñan tamén moitas flores de moitísimas cores e formas diferentes e fixemos un milleiro de fotografías e todas saíron moi ben, case non sabiamos cal era a máis bonita de todas.
Nesta ocasión non había caquis, pero había limóns e laranxas amargas e chamaban moito a atención entre as follas das árbores.
Aínda que o encargado do xardín non nos acompañou nesta ocasión fomos capaces de chegar a todos os recantos que nos interesaba, así que andamos todo o paseo dos tileiros dun extremo ao outro e chegamos a sentarnos nos bancos de pedra das damas.
Aparte dalgunhas flores illadas que había fronte a un muro de pedra ás que lle fixemos moitas fotografías o que máis se fotografou foron os escudos de nobreza feitos, como non! con buxo. Eran os das ordes militares de Santiago, de Calatrava e de Malta. Nun lugar retirado estaba tamén o escudo da familia Gayoso, pero non era de buxo senón que estaba feito cun arbusto que se chama Lonicera nitida.
E así rematan as saídas que fixemos para gozar desa marabilla que é o conxunto de xardíns do Pazo de Oca, que por algo lle chaman o “Versalles galego” e é coñecido tanto dentro como fóra de España.

viernes, 13 de mayo de 2011

CONCURSO LITERARIO SOBRE O PAZO DE OCA




Co mes de MAIO chega a celebración das LETRAS GALEGAS, no colexio organizamos un CONCURSO LITERARIO SOBRE O TEMA O PAZO DE OCA. Reunímonos todos no primeiro andar e alí se explicaron as normas para participar no concurso. A partri de aquí, todo dependía da imaxinación dos nenos para crear narracións, contos, poemas ....










sábado, 16 de abril de 2011

O VENRES 16 VISITAMOS O PAZO POR SEGUNDA VEZ

Cos cadernos de campo xa editados, dispoñémonos a facer a segunda visita ao pazo coa finalidade de observar o pazo na primavera e aprezar as diferenzas que se producen respecto a outras estacións do ano. En breve poñeremos as fotos que os propios alumnos/as sacaron coas súas cámaras.

miércoles, 6 de abril de 2011

2º CADERNO DE CAMPO DE 2º CICLO

2º CADERNO DE CAMPO

2º CADERNO DE CAMPO DE 1º CICLO

CADERNO DE CAMPO II INFANTIL E 1º CICLO

2º CADERNO DE CAMPO DE ED. INFANTIL

Comezamos a traballar cos segundos cadernos de campo. Aquí podedes ver o de E. Infantil.
CADERNO DE CAMPO II INFANTIL

lunes, 4 de abril de 2011

CONFERENCIA

Preséntovos a LEONOR, OTILIA, TERESA E ANTONIO.
Eles levan case toda a súa vida relacionados co pazo  xa que por distintas razóns, ben por que traballaban alí  eles ou algún familiar.
Foi unha marabilla escoitalos e descubrir como era o pazo en tempos pasados.
Os nosos alumnos/as fixeronlle preguntas e había que ver con canto detalles lembraban as cousas que pasaron hai anos.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

domingo, 27 de febrero de 2011

ENTROIDO ARREDOR DO PAZO DE OCA

Esta semana na entrada do cole temos un invitado moi especial ... o esquelete SATURNINO ... que nos vai ir dicindo o que temos que ir traendo posto durante estes días para o final de todo acabar disfrazados de TURISTAS NO PAZO.
ESTADE ATENTOS ÁS SÚAS INDICACIÓNS ....


O LUNS ....

SOMBREIRO DE TURISTA


martes, 22 de febrero de 2011

2º RESUMO SOBRE O PAZO DE OCA (I)

A SOCIEDADE
Na época non tódolos homes eran iguais.A sociedade estaba dividida en dous grandes estamentos :os privilexiados e os non privilexiados.






Os estamentos privilexiados eran moi reducidos e estaban formados pola nobreza e o clero.En España eran menos do dous por cento da poboación.Chamábaselles deste xeito porque tiñan certos previlexios: non pagaban impostos, ocupaban os cargos máis importantes no exército e na administración, podían levar armas e seren xulgados por tribunais e leis diferentes.
Os nobres érano por herdanza.Algúns posuían grandes extensións de terras e vivían das rendas que estes producían.Adoitaban residir en castelos ou en fermosas mansións no campo, ou na corte.
A nobreza vestía  con gran luxo, porque isto os diferenciaba  dos outros estamentos. Eran amantes das modas e era común a utilización de perrucas e maquillaxes.
Algúns destes nobres recibían unha boa educación, pero a maioría deles a penas sabían ler e escribir.
As afeccións principais da nobreza  eran a caza,  música e mailos  bailes. Tamén eran frecuentes as representaciòns teatrais .
Os pazos eran casas grandes edificadas no campo. Ademais de servir de vivenda, eran un centro de producion agrìcola.Nos pazos vivían os membros de menor categoría da nobreza, os fidalgos, que non posuían as terras, pero cobraban rendas por elas.Os fidalgos pagaban unhas rendas, os foros, os nobres e polo uso das terras.E, a súa vez, cobraban outras rendas maiores, os subforo,  os campesiños polo aluger delas .Algúns fidalgos chegaron a obter grandes rendas e adquidiron moita importancia economica e social .

lunes, 14 de febrero de 2011

CONFERENCIA SOBRE O PAZO NA ACTUALIDADE: MARICARMEN E CARMELA

O venres 11 de febreiro tivemos unha conferencia sobre o uso do pazo na actualidade. O alumnado preparou preguntas e curiosidades sobre o uso do pazo e Maricarmen e Carmela respondéronas con moita espontaneidade. A conferencia estivo tamén aberta ás familias que quixeron asistir.















E FIXEMOS A PRESENTACIÓN DO BLOGUE ÁS FAMILIAS

viernes, 28 de enero de 2011

A HISTORIA DUN PAZO. RECOMENDACIÓN LITERARIA

Nicolás non é quen de segui-lo ritmo das clases. Amólalle ir sempre á escola. Así que toma a seria decisión de non volver procurando que seus pais non se decaten. Sen embargo está engaiolado polo traballo do seu tío Delio, un reparador de vellos reloxos que vive nun vagón de tren abandonado. Nun dese reloxos está o comezo dunha emocionante investigación da man dos seus amigos Ramiro e Sol, únicos cómplices dos seus segredos, cando atopan dentro dese reloxo un cofre con misteriosos obxectos.
Entre eses obxectos atópase unha carta que lles dá a clave para saber ónde comeza-la súa investigación: o pazo baleiro.

SE QUEREDES LER ESTE LIBRO, ESTÁ Á VOSA DISPOSICIÓN NA BIBLIOTECA DO COLE.

Xabier P. Docampo: O pazo baleiro
Ilustracións de Xosé Cobas

Col. Sopa de libros. Editorial Anaya.
Madrid, 1997



82- N
DOC
paz

martes, 18 de enero de 2011

RESUMO DA HISTORIA DO PAZO DE OCA (3º ciclo)

Somos os nenos e nenas de 3º ciclo, estivemos investigando e este é un resumo da nosa informaciónsobre o pazo de Oca:

Atópase en San Estevo de Oca, no concello de A Estrada. Dende Santiago de Compostela hai que tomar a estrada de Ourense e a 20 Km aproximadamente, despois de cruzar o río Ulla ,un desvío cara a dereita indica: " Oca a 1 Km.".A estrada leva ata a entrada do pazo.

O conxunto arquitectónico está constituido polo pazo, a capela e as casas próximas (antigas casas de  xornaleiros e hoxe vivendas unifamiliares).Tivo a súa orixe nunha torre defensiva militar, que pasando a época de guerras convertiuse nun edificio de carácter civil.

A orixe dos señores de Oca remontáse a tempos do rei Don Pedro de Castela.Un dos primeiros nomes do século XV é o de Suero de Oca casado con María Gómez de Sotomaior.As guerras feudais entre a nobreza galega e o clero levaron a perda do pazo entre o ano 1477, pasando a mans do arcebispo de Santiago, Alonso de Fonseca I.

A fortaleza de Oca estivo durante un século nas mans do arcebispado, ata que lla cedeu a Felipe II para a súa posterior venda. Comprouna a compostelá Maria de Neira por 195.775 maravedís en 1586 . Anos despois o neto de Dona María déixallo a un sobriño,entrando dentro dos propietarios do pazo, a casa dos Gayoso, considerada unha das máis antigas e calificadas do Reino de Galicia. De entre os Gayoso destaca un nome, Andrés Gayoso Ozores de Sotomaior, que comezou en 1733 a reconstrución do actual pazo, convertíndose Oca nun conxunto agrícola e residencial de estilo barroco. Na actualidade, o pazo de Oca é propiedade da duquesa de Medinaceli e do duque de Segorbe.

O pazo de Oca foi cambiando co paso do tempo. As súas principais reformas producíronse cando era señor de Oca, Andrés Gayoso Ozores. A parte máis antiga está formada por dous extensas ás en forma de "L" e a torre almenada que se levanta no extremo norte.

No século XIX seguïronse realizando reformas como a galería, a escaleira principal e a construción de pequenos pabillóns de madeira. Desta época é a Casa do Capelán, construida utilizando a pedra dunha antiga casa suiza.

Outro dos elementos que conforman a praza de Oca é a igrexa- capela que foi mandada edificar por María de Neira. É unha construción de grande tamaño de estilo barroco e con disposición de cruz grega. Dúas torres xemelgas presiden a fachada principal. A capela está adicada a Santo Antonio de Padua e se atopa unida ao pazo por unha traballada galería. Desta forma os señores podían acceder directamente á igrexa desde o interior do pazo.