Aquí comeza a nosa investigación sobre o Pazo de Oca.O profesorado e alumando do CEIP de Oca, decidimos este curso escolar 2010 - 2011 comezar un proxecto de investigación sobre o pazo de Oca

viernes, 24 de diciembre de 2010

BO NADAL


http://www.glitterfy.com/
O Nadal chegou ao pazo de Oca e os nosos alumnos/as vestiron as súas mellores galas para festexalo!. Dende o equipo de Normalización o claustro e alumando do CEIP Oca, deséxamosvos un BO NADAL!!!
Moi pronto poderedes ver fotos da celebración!!

jueves, 2 de diciembre de 2010

CONFERENCIA DE VALENTÍN GARCÍA PARA AS FAMILIAS E O PROFESORADO

O día 1 de decembro tivemos a 2ª conferencia con Valentín sobre o pazo, este vez dirixida ás familias e novamente ao profesorado. A conferencia foi moi ben acollida por parte de todos



miércoles, 1 de diciembre de 2010

martes, 23 de noviembre de 2010

ARTIGOS RELACIONADOS CO PAZO

Relación de artigos xornalísticos nos que aparece o pazo de Oca:
http://www.lavozdegalicia.es/deza/2010/11/13/0003_8845906.htm

http://www.revistaprotocolo.es/heraldica-y-vexilologia/vexilologia/2758-el-municipio-de-a-estrada-busca-el-reconocimiento-oficial-de-su-bandera-y-su-escudo.html

BIBLIOGRAFÍA SOBRE O PAZO

Bibliografía sobre o pazo de Oca, alunha foi facilitada pola Fundación Medinacelli para a axuda e documentación do noso proxecto:
  • Portela, Cesar (et Ali): El pazo de Oca. Madrid: Dirección Genral de Agricultra,1984
  • Sánchez Cantón, F. J: El pazo de Oca y sus jardines. Pontevedra: Museo de Pontevedra,1944
  • Luca de Tena, Cayetano: Parques y jardines españoles. Pazo de Oca (Pontevedra)
  • Rodríguez Dacal, Carlos: Paszos de Galicia, jardines y plantas. Galicia: Xunta de Galicia, 1994
  • Ferro Pego, Luis Manuel: Pazo de Oca. Su heráldica. Pontevedra: Asociación de Genealogía, Heráldica y Nobiliaria de Galicia,2007
  • Reimondez Portela,Manuel: A Estrada, miscelánea histórica e cultural,2010
  • Añón, Carmen, Luengo, Mónica y Luengo, Ana: Jardines artísticos, nº 6 de Tesoros de España, Espasa Calpe, Madrid, 2000

CONFERENCIA SOBRE O PAZO PARA O ALUMNADO E O PROFESORADO

O día 16 de novembro o profesorado e alumnado do cole asistimos, na biblioteca, a unha conferencia a cargo de Valentín García Gómez.
Valentín é responsable do Servicio de Normalización Lingüística do Concello da Estrada, realiza ademais diversas actividades de dinamización sociocultural. Presidente do Recreo Cultural da Estrada, é membro da Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega, secretario da Fundación Castelao e da Fundación Cultural da Estrada do Padroado da Fundación Neira Vilas.
Explicounos moitas cousas sobre o pazo: a arquitectura, as familias, os xardíns, escudos e a importancia da luz no pazo.







martes, 2 de noviembre de 2010

MANUALIDADES DO MAGOSTO

Estas son algunhas das manualidades que o alumnado fixo coa colaboración das súas familias. Nós só lles dixemos que tiña que levar castañas ... mirade que cousas máis bonitas crearon. A verdade, hai que dicila, son uns artistas!

lunes, 1 de noviembre de 2010

O PAZO EN OUTONO

Aquí podedes ver como quedou a entrada do noso cole. Diante do mural do pazo fomos colocando todas as manualidades que o alumnado, en colaboración coas súas familias, foi elaborando. Moitas grazas a todos/as pola colaboración!!!