Aquí comeza a nosa investigación sobre o Pazo de Oca.O profesorado e alumando do CEIP de Oca, decidimos este curso escolar 2010 - 2011 comezar un proxecto de investigación sobre o pazo de Oca

martes, 23 de noviembre de 2010

CONFERENCIA SOBRE O PAZO PARA O ALUMNADO E O PROFESORADO

O día 16 de novembro o profesorado e alumnado do cole asistimos, na biblioteca, a unha conferencia a cargo de Valentín García Gómez.
Valentín é responsable do Servicio de Normalización Lingüística do Concello da Estrada, realiza ademais diversas actividades de dinamización sociocultural. Presidente do Recreo Cultural da Estrada, é membro da Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega, secretario da Fundación Castelao e da Fundación Cultural da Estrada do Padroado da Fundación Neira Vilas.
Explicounos moitas cousas sobre o pazo: a arquitectura, as familias, os xardíns, escudos e a importancia da luz no pazo.







No hay comentarios:

Publicar un comentario