Aquí comeza a nosa investigación sobre o Pazo de Oca.O profesorado e alumando do CEIP de Oca, decidimos este curso escolar 2010 - 2011 comezar un proxecto de investigación sobre o pazo de Oca

viernes, 28 de enero de 2011

A HISTORIA DUN PAZO. RECOMENDACIÓN LITERARIA

Nicolás non é quen de segui-lo ritmo das clases. Amólalle ir sempre á escola. Así que toma a seria decisión de non volver procurando que seus pais non se decaten. Sen embargo está engaiolado polo traballo do seu tío Delio, un reparador de vellos reloxos que vive nun vagón de tren abandonado. Nun dese reloxos está o comezo dunha emocionante investigación da man dos seus amigos Ramiro e Sol, únicos cómplices dos seus segredos, cando atopan dentro dese reloxo un cofre con misteriosos obxectos.
Entre eses obxectos atópase unha carta que lles dá a clave para saber ónde comeza-la súa investigación: o pazo baleiro.

SE QUEREDES LER ESTE LIBRO, ESTÁ Á VOSA DISPOSICIÓN NA BIBLIOTECA DO COLE.

Xabier P. Docampo: O pazo baleiro
Ilustracións de Xosé Cobas

Col. Sopa de libros. Editorial Anaya.
Madrid, 1997



82- N
DOC
paz

martes, 18 de enero de 2011

RESUMO DA HISTORIA DO PAZO DE OCA (3º ciclo)

Somos os nenos e nenas de 3º ciclo, estivemos investigando e este é un resumo da nosa informaciónsobre o pazo de Oca:

Atópase en San Estevo de Oca, no concello de A Estrada. Dende Santiago de Compostela hai que tomar a estrada de Ourense e a 20 Km aproximadamente, despois de cruzar o río Ulla ,un desvío cara a dereita indica: " Oca a 1 Km.".A estrada leva ata a entrada do pazo.

O conxunto arquitectónico está constituido polo pazo, a capela e as casas próximas (antigas casas de  xornaleiros e hoxe vivendas unifamiliares).Tivo a súa orixe nunha torre defensiva militar, que pasando a época de guerras convertiuse nun edificio de carácter civil.

A orixe dos señores de Oca remontáse a tempos do rei Don Pedro de Castela.Un dos primeiros nomes do século XV é o de Suero de Oca casado con María Gómez de Sotomaior.As guerras feudais entre a nobreza galega e o clero levaron a perda do pazo entre o ano 1477, pasando a mans do arcebispo de Santiago, Alonso de Fonseca I.

A fortaleza de Oca estivo durante un século nas mans do arcebispado, ata que lla cedeu a Felipe II para a súa posterior venda. Comprouna a compostelá Maria de Neira por 195.775 maravedís en 1586 . Anos despois o neto de Dona María déixallo a un sobriño,entrando dentro dos propietarios do pazo, a casa dos Gayoso, considerada unha das máis antigas e calificadas do Reino de Galicia. De entre os Gayoso destaca un nome, Andrés Gayoso Ozores de Sotomaior, que comezou en 1733 a reconstrución do actual pazo, convertíndose Oca nun conxunto agrícola e residencial de estilo barroco. Na actualidade, o pazo de Oca é propiedade da duquesa de Medinaceli e do duque de Segorbe.

O pazo de Oca foi cambiando co paso do tempo. As súas principais reformas producíronse cando era señor de Oca, Andrés Gayoso Ozores. A parte máis antiga está formada por dous extensas ás en forma de "L" e a torre almenada que se levanta no extremo norte.

No século XIX seguïronse realizando reformas como a galería, a escaleira principal e a construción de pequenos pabillóns de madeira. Desta época é a Casa do Capelán, construida utilizando a pedra dunha antiga casa suiza.

Outro dos elementos que conforman a praza de Oca é a igrexa- capela que foi mandada edificar por María de Neira. É unha construción de grande tamaño de estilo barroco e con disposición de cruz grega. Dúas torres xemelgas presiden a fachada principal. A capela está adicada a Santo Antonio de Padua e se atopa unida ao pazo por unha traballada galería. Desta forma os señores podían acceder directamente á igrexa desde o interior do pazo.