Aquí comeza a nosa investigación sobre o Pazo de Oca.O profesorado e alumando do CEIP de Oca, decidimos este curso escolar 2010 - 2011 comezar un proxecto de investigación sobre o pazo de Oca
Mostrando entradas con la etiqueta historia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta historia. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de febrero de 2011

2º RESUMO SOBRE O PAZO DE OCA (I)

A SOCIEDADE
Na época non tódolos homes eran iguais.A sociedade estaba dividida en dous grandes estamentos :os privilexiados e os non privilexiados.






Os estamentos privilexiados eran moi reducidos e estaban formados pola nobreza e o clero.En España eran menos do dous por cento da poboación.Chamábaselles deste xeito porque tiñan certos previlexios: non pagaban impostos, ocupaban os cargos máis importantes no exército e na administración, podían levar armas e seren xulgados por tribunais e leis diferentes.
Os nobres érano por herdanza.Algúns posuían grandes extensións de terras e vivían das rendas que estes producían.Adoitaban residir en castelos ou en fermosas mansións no campo, ou na corte.
A nobreza vestía  con gran luxo, porque isto os diferenciaba  dos outros estamentos. Eran amantes das modas e era común a utilización de perrucas e maquillaxes.
Algúns destes nobres recibían unha boa educación, pero a maioría deles a penas sabían ler e escribir.
As afeccións principais da nobreza  eran a caza,  música e mailos  bailes. Tamén eran frecuentes as representaciòns teatrais .
Os pazos eran casas grandes edificadas no campo. Ademais de servir de vivenda, eran un centro de producion agrìcola.Nos pazos vivían os membros de menor categoría da nobreza, os fidalgos, que non posuían as terras, pero cobraban rendas por elas.Os fidalgos pagaban unhas rendas, os foros, os nobres e polo uso das terras.E, a súa vez, cobraban outras rendas maiores, os subforo,  os campesiños polo aluger delas .Algúns fidalgos chegaron a obter grandes rendas e adquidiron moita importancia economica e social .

martes, 18 de enero de 2011

RESUMO DA HISTORIA DO PAZO DE OCA (3º ciclo)

Somos os nenos e nenas de 3º ciclo, estivemos investigando e este é un resumo da nosa informaciónsobre o pazo de Oca:

Atópase en San Estevo de Oca, no concello de A Estrada. Dende Santiago de Compostela hai que tomar a estrada de Ourense e a 20 Km aproximadamente, despois de cruzar o río Ulla ,un desvío cara a dereita indica: " Oca a 1 Km.".A estrada leva ata a entrada do pazo.

O conxunto arquitectónico está constituido polo pazo, a capela e as casas próximas (antigas casas de  xornaleiros e hoxe vivendas unifamiliares).Tivo a súa orixe nunha torre defensiva militar, que pasando a época de guerras convertiuse nun edificio de carácter civil.

A orixe dos señores de Oca remontáse a tempos do rei Don Pedro de Castela.Un dos primeiros nomes do século XV é o de Suero de Oca casado con María Gómez de Sotomaior.As guerras feudais entre a nobreza galega e o clero levaron a perda do pazo entre o ano 1477, pasando a mans do arcebispo de Santiago, Alonso de Fonseca I.

A fortaleza de Oca estivo durante un século nas mans do arcebispado, ata que lla cedeu a Felipe II para a súa posterior venda. Comprouna a compostelá Maria de Neira por 195.775 maravedís en 1586 . Anos despois o neto de Dona María déixallo a un sobriño,entrando dentro dos propietarios do pazo, a casa dos Gayoso, considerada unha das máis antigas e calificadas do Reino de Galicia. De entre os Gayoso destaca un nome, Andrés Gayoso Ozores de Sotomaior, que comezou en 1733 a reconstrución do actual pazo, convertíndose Oca nun conxunto agrícola e residencial de estilo barroco. Na actualidade, o pazo de Oca é propiedade da duquesa de Medinaceli e do duque de Segorbe.

O pazo de Oca foi cambiando co paso do tempo. As súas principais reformas producíronse cando era señor de Oca, Andrés Gayoso Ozores. A parte máis antiga está formada por dous extensas ás en forma de "L" e a torre almenada que se levanta no extremo norte.

No século XIX seguïronse realizando reformas como a galería, a escaleira principal e a construción de pequenos pabillóns de madeira. Desta época é a Casa do Capelán, construida utilizando a pedra dunha antiga casa suiza.

Outro dos elementos que conforman a praza de Oca é a igrexa- capela que foi mandada edificar por María de Neira. É unha construción de grande tamaño de estilo barroco e con disposición de cruz grega. Dúas torres xemelgas presiden a fachada principal. A capela está adicada a Santo Antonio de Padua e se atopa unida ao pazo por unha traballada galería. Desta forma os señores podían acceder directamente á igrexa desde o interior do pazo.